domingo, 31 de enero de 2010

PRESENTACION DA CURTA "COSER E CANTAR" EN PONTEVEDRA

É sábado 30 de Xaneiro i en Pontevedra vai frío. No teatro principal faise a presentación da curta Coser e Cantar do ourensán Rubén Riós.


Rubén deuse a coñecer na serie Libro de Familia da TVG e pronto novos proxectos virían a demostrar que non é un conformista:ademáis de participar en programas e series roda a súa primeira curta, Adeus Edrada, representa o papel protagonista en Pradolongo.


Os cómicos San e San presentan a Gala o cal é garantía de pasar un rato divertido. Dominan a ironía e teñen unha capacidade de improvisación que semella non rematar nunca.



Emilio Rúa tamén interpreta un tema que fala dos vellos cines,concretamente refírese ao Cine Buenos Aires en Verín. Unha sala chea de recordos para moitas persoas da comarca, tamén para Emilio.


Aínda non teño o vídeo da súa interpretación pero en canto poida aquí o teredes. Prometido.


O Emilio Rúa está a punto de parir o seu terceiro disco. A súa carreira vai avanzando dende aquel primeiro disco homónimo.Alá polo ano 2000(o ano que choveu sen parar) Mr. Rúa embarcouse con Edicións do Cúmio nun primeiro traballo que non conseguía abranguer toda a creatividade deste sorprendente músico. Aínda non saíra o disco e o Emilio xa tiña moitísimos temas listos para ser editados.


O segundo disco,foi gravado con Boa e chamouse "Vida Miña".


O terceiro chamarase "Interior" e foi gravado con Nalgures. En canto apareza teredes cumprida información.
Voltamos ao asunto.

O Teatro completiño e comeza a gala.


Póñovos algunhas pinceladas gravadas co móvil así que pido desculpas pola calidade. O obxectivo é que teñades unha idea do que poidemos ver alí.


VIDEO 1.-


Arancha, e a protagonista da curta. Xa na cinta da conta dunha fermosa voz e na gala inclúese unha canción interpretada por ela.


Está acompañada por Emilio Rúa e por un estrano artiluxio que San e San "confunden" cunha pizza.




VIDEO 2.-


E agora a canción: Arancha ten unha bonita voz e de seguro que co paso do tempo pode conseguir un nivel. Deuse a coñecer en Cuatro no programa Tienes Talento coa súa interpretación de Xanadú. Alí demostrou que está decidida a ser alguén no mundo da música.


E de seguro que o vai conseguir!




VIDEO 3.-¿TAN POUCO SE GAÑA NO AUDIOVISUAL?


Moitas risas co asunto do que se gana de actor. Dí a Arancha no Making Off da curta que o Rubén non lle pagou un peso. Eles danlle a benvida ao clube:





VIDEO 4.- ENTROIDO E LINGUA: UNHA CURTA DOUS TEMAS


A curta ten un tema central que é a historia de Elena unha nena de familia rica que quere ser artista. A súa nai non lle deixa i ela arrastrará unha frustración que compensará en parte cun


agasallo que o entroido de Verín lle fai: ser a Raiña Do Entroido.


Hai outro tema que está presente en toda a cinta i é o tema linguístico. A verdade é que son "o demo" estes San e San: cando foi a presentación en Ourense fixeron unha presentación e agora engadiron unha parodia do trilingüismo, un tema de absoluta actualidade.


Ata acuñaron un termo moi orixinal: a lingua que ven a "solucionar" o conflicto lingüístico en Galicia ten un nome... ¡CASTINGLEGO!.


Pareceume moi orixinal, dende logo. Parte da curta que acabamos de ver agora dobrada por eles nese ficticio idioma que podería ser, propoñen, a solución a todolos problemas i enfrontamentos orixinados por mor da lingua. Grazas a estes xenios botamos unhas risas.


Sinto non poder poñer o vídeo pero si podedes non perdades a próxima gala. Esta é a introducción na que propoñen " a solución":




VIDEO 5.- O director a escena


Moi divertida esta posta en escena na que cambian as ríxidas posicións e fan preguntas que nada teñen que ver coa curta pero cunha gracia evidente.

Xulgade vos mesmos:




VIDEO 6.- AGRADECEMENTOS E FIN


Rubén é un rapaz agradecido e ten sempre verbas de agradecemento para os que o apoiaron.


O equipo sube ao escenario e chega a despedida.





En definitiva deséxolle a Rubén e o seu equipo moitos éxitos con esta e próximas curtas. E que pronto chegue a longametraxe.