domingo, 27 de enero de 2013

A ALTERNATIVA

A desfeita que está a levarse a cabo co Estado de Dereito nos últimos dous anos non ten precedente.
As regras do bipartidismo máis estricto dictan que o partido chamado a gobernar despois do PP é,"indubidablemente" o PSOE.
Os cidadáns,resignados ata o de agora,poñen en duda tal posibilidade o que se reflicte nas enquisas.
Claro que pode que a crise faga variar o rumbo electoral.Pode que partidos menos votados acaden resultados más favorecedores incluso coa corrente da Ley D'Hont na contra.
 
Pero a reflexión,máis que cal é o cambio no electorado,debería ser cal é o cambio na alternativa que se ofrece.
Porque a alternativa que coñecemos coma "alternancia" non ten sustanciado propostas de calado para resultar creíbel como tal.
A demolición é de tal alcance que a reconstrucción,e máis nestes momentos,antóxase pouco menos que utópica.
Refacer un sistema de protección social e de benestar para os próximos 25 anos require algo máis ca estar en contra dos recurtes,falar mal do goberno ou dicir que "se estivese eu non o faría".
O camiño terá que ser outro.As ideas deberán pasar a primeiro plano para ser contrastadas. Non abonda con opoñerse á situación actual. 

A clave non será qué compre acadar senon o plan creíbel para financiar a consecución dese cambio.
A folla de ruta para,entre outras cousas:

1.-acadar unha sanidade e unha educación públicas e de calidade
2.-unha economía sostíbel que permita o reparto da riqueza en base a criterios ampliamente consensuados.
3.-impedir que as estruturas do Estado sexan usurpadas por maleantes que,a cabalo da corrupción,rematan decidindo qué servizos temos ou non temos que ter.

Nese plan debe figurar o que pretende acadarse e con qué medios,por qué vías se pretende chegar ao obxectivo.
A calqueira se lle ocurrirían moitos xeitos de xenerar economías que son potencialmente capaces de producir emprego sostíbel. Por exemplo as economías verdes que aparecen denostadas ou simplesmente ignoradas en base aos criterios que os lobbys tratan de inculcarnos.
A crise serviu para desenmascarar as verdadeiras intencións tanto de burbullas coma de cracks financieiros.
Só queda que,dela saia tamén o xérmolo dun novo tempo no que,sen dúbida,a sociedade terá que ter un papel moito máis activo. A sociedade será o axente fundamental para desmantelar o vello sistema e conquerir un novo máis xusto e sostíbel.