viernes, 12 de octubre de 2012

ESPAÑOLIZANDO CATALUÑA

O ministro J.I.Wert quere españolizar Cataluña. Eso é o que se está a dicir con escándalo en moitos foros.
Eu penso que é ao contrario: o que o ministro fixo,non inocentemente, foi muscular un nacionalismo que agora mesmo xa comeza a estar ben musculado,coma en tempos de Aznar.
Se quixera de verdade españolizar,imbuir aos catalans das bondades da cultura española,o camiño escollido nunca sería esa soflama(un comentario favorable as verbas do ministro que escoitei nunha radio dixo:"foi unha verdade envolta en papel de lixa").
O sociólogo Wert trataría de convencer,non de vencer.Seducir.

No momento en que estamos a punto de asinar un compromiso de pago para as próximas xeracións,chámese rescate ou como raio queiran, o experto en comunicación do goberno, foi quen de desviar o foco cara unha cuestión, a identitaria, que non había de quedar indiferente.
E así foi. O asunto catalán pasou a ocupar os primeiros titulares i eso permitirá ir tomando medidas económicas sen tanto balbordo.
Nas respostas que teñan que dar nos controis parlamentarios,os recurtes en Sanidade i Educación,van compartir tempos co tema identitario.
Os recurtes unen aos nacionalistas e aos non nacionalistas. Compre fender ese bloque opositor a unhas medidas que,según nos queren facer crer non teñen alternativa.
Polo de agora féndese en dous:
os nacionalistas e os non nacionalistas.
O nacionalismo catalán sairá reforzado pero ese é o prezo a pagar por un partido centralista coma o PP.
Hai outras prioridades:que os especuladores en débeda pública cobren o que se lles adebeda.
Débeda que se debe a outros especuladores que son as entidades financieiras que sabían que o estado pagaría as falcatruadas que xeneraron balances catastróficos por unha banda e primas millonarias por outra.
Para que o pobo asuma o pago relixiosamente a comunicación antóxase coma a ferramenta clave. Primeiro laminemos os medios non afíns.
Despois desviemos a atención cara outros asuntos.
Os culpables,cara a opinión pública,non serán os especuladores.Serán os separatistas que tiran para arriba da prima de risco.
Se cadra funciónalles.