domingo, 11 de noviembre de 2012

"DESPOIS DE TÍ A CHUVIA" EN RIÓS

O pasado sábado 3 de Novembro "Despois de tí a Chuvia" chegou a Riós.
Este recital concerto baséase no libro disco do mesmo nome. Un traballo gravado nos estudos da CRTVG no que Emilio Rúa puxo música aos poemas de Xosé Carlos Caneiro.




"Despois de tí a Chuvia" é un poemario de amor co que o autor dí que "só pretendo mover o silencio". Asegura que Emilio entendeu o propósito.





Xuntos amosan este traballo verdadeiramente interesante xirando por distintos lugares da nosa xeografía.Malia os difíciles tempos que vivimos eles van abrindo un camiño para dar a coñecer a música e a letra de Despois de tí a Chuvia a todos aqueles que gostan do traballo que nace no sentimento.
 
A especial sonoridade que as guitarras e mandolinas de José Gayoso lle proporcionan ao traballo enriquece un,xa de por sí,meritorio traballo.
 

Música e letra xuntas e separadas chegaron a Riós da man dun cantautor das Vendas da Barreira e dun poeta verinense.
 
 
SÓ QUEDA O TEU FANTASMA.-
 
 
 
 
 
 
 
 

domingo, 4 de noviembre de 2012

CHARLA SOBRE CREACIÓN DE EMPREGO RURAL

O pasado sábado 2 de Novembro o Concello promoveu unha charla orientada á creación de autoemprego aproveitando os recursos do monte.
O desenrolo da charla apuntaba ás posibilidades que o monte pode proporcionar para desenvolver cooperativas que exploten os distintos recursos existentes.
A biomasa,as oliveiras ou os servizos de desbroce,asesoramento,etc foron algunhas das propostas que se apuntaron.


Mágoa que todas estas propostas apareceron inconexas e con pouca preparación.Non estaba previsto desenrolar tema ningún e todo apuntaba a que se trataba de "cubrir o expediente".
Agardemos que se corrixan estas cousas porque a sensación é que,entre os asistentes había interés por recibir propostas ben orientadas.
















sábado, 3 de noviembre de 2012

XORNADAS MICOLÓXICAS II PARTE:RUSSULAS,BOLETUS ERYTHROPUS E GYMNOPILUS SPECTABILIS

Rússula.-
A Rússula adoita ter láminas crema ou brancas e o sabor agradable en crú danos idea do seu valor gastronómico.Pero ollo,esto só vale para a Russula.A Amanita Phalloides tamén ten un agradable sabor en cru,pero é unha especie mortal.



Boletus erythropus.
Aporta unha tonalidade amarela ao cociñalo,característica apreciada en gastronomía.
Pe poroso bermello sen malla e sombreiro oscuro.
Non coller Boletus de pes bermellos e sombreiros rosados ou brancos.



Gymnopilus Spectabilis
Esporada ferruxinosa e restos dun velo parcial(anel). Con estas características podería tratarse dun Cortinarius.Mais ao terse recollido en madeira falamos claramente dun Gymnopilus. A variedade Spectabilis chega a ser moi grande.
En Xapón tamén se coñece como o fungo da risa,malia que,a lo menos nas variedades europeas,non ten efectos alucinóxenos considerabeis.

jueves, 1 de noviembre de 2012

XORNADAS MICOLÓXICAS NA MEZQUITA(OURENSE)


 O pasado sábado 27 de Outubro celebrouse en A Mezquita unha nova edición das Xornadas Micolóxicas organizado pola Asociación Os Tres Reinos.
 O investigador Xulián Alonso Díaz,valdeorrés afincado en Lugo, amosou algúns dos segredos do apaixoante mundo da micoloxía.

A convocatoria foi diante da praza do concello onde os asistentes foron achegándose coas súas cestas dispostos a disfrutar dunha agradable saída ao campo.






 A eso das 10:30 partíu a comitiva coma estaba previsto,da praza do Concello.

Nunca pensei que houbera tantas setas ata que me puxen á tarefa.A cada paso aparecen,comestibeis ou non, variados exemplares.


 É importante,resaltou o experto,atender ben as características que nos permiten clasificar por xénero e por especie. Láminas,cor da esporada,pé fibroso ou granuloso,cor do sombreiro... Son detalles que nos aportan valiosísima información para acertar na elección.



Entramos en materia:

LACARIA AMATISTA,PLEUROTUS DRINUS,COPRINUS E PANAEOLUS SPHINCTRINUS

  A cor das setas non ten porque definir a súa toxicidade.Julián amósanos un exemplar que podemos incluir na recollida:Lacaria Amatista.
O Pleurotus Drinus que atopamos ten menos valor que o Ostreatus. As súas características: o pé excéntrico,láminas decurrentes e esporada branca.
O Coprinus que podemos ver non ten interés comestible. Sufre un proceso de licuación en negro.
O Panaeolus sphinctrinus produce toxicidade i efectos alucinóxenos provocados polas psilocibinas.