sábado, 19 de junio de 2010

SEGURIDADE VIAL: UN ASUNTO DE TODOS

Veño de rematar un curso de sensibilización sobre a prevención dos accidentes de tráfico.
O asunto da Seguridade Vial é un problema ben importante e non estaría de máis que calquera, non só os que fomos sancionados, pasáramos por algo así.
CONTIDOS.-
O curso fala das repercusións dos accidentes e de cómo evitalos. Incide moito en que os accidentes fan incorrer en custes elevadísimos as sociedades. Uns son materiais e son dalgún xeito recuperábeis.
Repercusións dos accidentes.-
Os que son irreversibeis son os custes en vidas i en saúde. Cada morto ou cada ferido espallan sufrimento no seu entorno familiar, profesional,social, que podería ser evitábel co concurso de todos.
Segundo o manual que se proporciona no curso ¡¡1.500.000 persoas falecen ao ano no mundo por accidentes de tráfico e 50.000.000 resultan feridos!!
Calquera outra causa de morte(guerra, enfermidades,etc) conseguen moito máis sensibilización que este problema.
¿Cómo se desencadenan os accidentes?
Entre os causantes dos accidentes o factor humano está presente entre o 70 e o 90% dos sinistros. O cal indica que na nosa mán está contribuir a rebaixar estas escalofriantes cifras.
Antes de producirse un accidente habitualmente tense producido una sucesión de incidentes. Os incidentes son eses conatos de accidente, o que denominamos sustos, que repetidos máis ou menos veces provocan que o accidente teña lugar. Cando un incidente se repite hai un mal hábito adquirido. A partir de ahí o accidente é cuestión de tempo.
Unha vez producido o accidente.-
Unha vez se ten producido o accidente hai cousas que agravan as consecuencias do mesmo; por exemplo levar obxectos nas bandexas traseiras ten unha consecuencia fatal debido ao aumento de peso que provoca nos mesmos a inercia.
Algúns datos verdadeiramente sorprendentes son, por exemplo:
Unha novela de dous kgs chega a impactar igual que un obxecto de 113kg, un maletín de 5kg transforma o seu peso ata acadar os 283kg, un xoguete de 335g mallaría nos pasaxeiros coa forza de 18,7kg.
Asistindo a un accidente.-
Chegado o momento de asistir a un accidente temos que seguir tres pasos que poden esquematizarse nas siglas P.A.S. que significa:Protexer,Alertar,Socorrer.
É habitual que polo noso instinto prioricemos atender a un accidentado que seguramente está a queixarse. Nada máis errado.
A nosa primeira preocupación debe ser Protexer, e dicir, sinalizar a zona e impedir que se produzca un novo sinistro. O vehículo e/ou a súa equipaxe ou mercadoría poden estar ocupando a calzada causando grave perigo aos demáis vehículos.
-os triángulos de preseñalización deben colocarse a 50 mts do sinistro e deben ser visíbeis a 100mts.
-debe desligar o contacto do/s vehículo/s accidentado/s ou ben a batería.
-debe inmovilizarse convintemente os vehículos co freo de man ou o sistema que sexa posíbel.

En segundo lugar temos de Alertar aos servicios correspondentes para o que é moi importante valorar entre outros:
- Número de persoas feridas e a súa gravidade.
- Localización do accidente coa máxima precisión.
- No caso de terse derramado algunha mercadoría perigosa( combustíbeis por exemplo) deberá indicarse.
Toda esta información temos que transmitila claramente aos servizos de urxencia que están centralizados no 112. Cos datos que lles proporcionemos eles movilizarán os efectivos necesarios.
Socorrer aos feridos nun accidente non significa que teñamos que exercer de médicos improvisados.
Unha das cousas que pode estar na nosa man para salvar a vida dun accidentado nos primeiros segundos é liberar a súa gorxa de obstruccións que lle impiden respirar: terra,pallas e moi frecuentemente a língua poden acabar coa súa vida se non actuamos con prontitude. Moi importante: para abrirlle a boca tiraremos da mandíbula para abaixo pero nunca do pescozo ou a cabeza para atrás.
Nunca se debe mover a un ferido porque podemos causarlle lesións.
Se temos de facer a reanimación debemos usar mascarillas de rescate para evitar contaxios de posíbeis enfermidades. Tamén é recomendábel o uso de guantes de látex.
METODOLOXÍA.-
Unha parte moi importante é a teórica que o formador vai relatando sin apenas posibilidade de interactuar.
Unha charla dun accidentado parapléxico serve para reflexionar que cando aparecen na tele os mortos son cifras pero, cando os temos diante, vemos que calquera de nos podería estar na sua pel. Todos somos vítimas potenciais dos accidentes de tráfico.
Na última parte do curso, unha aplicación informática vai combinando a teoría que se repasa con preguntas e test para evaluar os coñecementos adquiridos.
REFLEXIÓNS POST CURSO.-
¿Un paripé para canxear cartos por puntos?.-
Achegueime a este curso coa idea de que ia ser un paripé puro e duro. Pois ben, se cadra non é todo o efectivo que poidera ser pero de paripé nada de nada. Non é posíbel pasar por este curso sen ter entendido as pautas que farán o noso comportamento menos “nocivo” para a seguridade vial. Se ben hai unha parte puramente teórica que non obriga a interactuar, a parte que se desenvolve na aplicación informática que fai parte do curso fainos pensar para non errar a resposta.
Pero,¿é suficiente un curso para evitar accidentes?.-
Outra cousa é a efectividade na práctica na vida real. O carnet por puntos conseguiu rebaixar sustancialmente os mortos e feridos nas estradas pero os que se producen seguen a ser demasiados. Sempre serán demasiados.
A seguridade vial é unha cuestión social na que o conductor é unha parte fundamental, pero non a única. A sociedade enteira ten que acoller comportamentos que eviten os erros indicados.
A familia ou os amigos que impiden conducir á persoa que bebeu, os peatóns responsábeis que fan por ver e ser vistos, a organización dun evento no que se vai inxerir alcohol facendo previsión dun transporte colectivo que evite situacións comprometidas, transmitindo aos pequenos nas aulas e na casa que os excesos ao volante non molan nada de nada…
Tampouco estaría de máis que valorásemos se estamos ou non en disposición de conducir, independentemente do resultado do test psicotécnico(para o que se agardan cambios a “máis duro”).
Cando por mor dalgunha enfermidade, preocupación, tratamento, transtorno do sono non estamos en condicións de coller un coche, nos mesmos apoiados polo noso entorno, deberíamos decidir non conducir.
Claro que as Administracións deben facilitar o uso do transporte público eficiente para que exista alternativa. Para que coller o coche sexa unha opción, non unha necesidade. Se valoramos o custe dos accidentes que se evitaría de seguro que o custe dun transporte público que resultara deficitario para o erario público nos parecería un custe moderado, ou se cadra baixo.
Nesta loita estamos todos implicados.

domingo, 13 de junio de 2010

SEMANA VERDE 2010

O pasado 12 de Xuño de 2010 visitamos a Feira Internacional Semana Verde de Silleda.
Un certame que xa se mostra como multisectorial tamén se aprecia incapaz de encher de contido un recinto como o que ocupa dende o seu inicio.
Paseamos un pouco e algunha das cousas que recollemos para vos son estas:


OLEI
Visitamos Olei no seu stand da Semana Verde 2010. María Estévez Forneiro é a súa directora xeral.
Explicounos que dedicaron anos de investigación para a recuperación dunha variedade de olivo que existe en Galicia dende que a implantaron os romanos.
Tal variedade non ten un nome aínda pero sí características definidas que o fan propicio para o noso clima. Non só admiten o réxime de precipitacións de Galicia senon que en ocasións hai que aplicar rego para suplementar as fallas puntuais.
A producción das plantas en ocasións empregábanse para autoconsumo ou para a venda directa do produtor ao consumidor dun xeito máis ben improvisado(se cadra unha botella de aceite no envase dunha de viño).
Eles falaron con eses produtores e chegaron a un acordo para mercar a aceituna.
Olei tamén promove a plantación desta especie a quén estea interesado nesta actividade. Según nos explica María Estévez eles proporcionarían a planta e comprarían a producción.
Olei ten un espazo no Parque Tecnolóxico de Ourense no que leva a cabo as súas investigacións e unha dirección comercial no concello coruñés de Ames.
LEITE CRU "O ALLE"
Esta empresa tenta que recuperemos o sabor do leite de sempre. Un sabor que varía ao longo do ano.
O seu responsable da conta das particularidades dos produtos que elaboran:


LEITE CRU "O ALLE"

Edgar | MySpace Video

A ASOCIACIÓN DE PISCICULTORES PROMOCIONA A TROITA.
Dentro do stand do Ministerio de Agricultura a Asociación de Piscicultores propuxo ao público en xeral probar as receitas que elaboraran tendo como ingrediente común a troita.
Dende empanada ata todo tipo de canapés con orixinalidade e bó gusto. Mágoa que o produto non sexa a excelente troita que mora nos ríos de Galicia. A piscicultura podería entenderse como un complemento a unha pesca artesanal, nunca coma un sustituto.
http://vids.myspace.com/index.cfm?fuseaction=vids.individual&videoid=105437453

A ASOCIACIÓN DE PISCICULTORES PROMOCIONA A TROITA

Edgar Vídeo MySpace






http://vids.myspace.com/index.cfm?fuseaction=vids.individual&videoid=105437453

jueves, 20 de mayo de 2010

ARENART & PARDO

lunes, 17 de mayo de 2010

COPIAR DO ABERTO E PEGAR NO PECHADO

Adios
Manuel Gago propón unha reflexión sobre o uso das redes sociais Facebook e Twenti. Cando teñades contidos que transmitir, facelo a través de FB ou Tuenti ten un problema. Eses contidos non son visíbeis para os buscadores. Esto ten como consecuencia un empobrecemento da rede que, de seguro non queremos. Segundo este experto, calquera dos restantes medios non ten ese problema: youtube, blogger, etc. permiten ser encontrados e con elo enriquecer e dinamizar a rede. As redes sociais son para o que son: para relacionarse. Se tedes información que transmitir buscade sempre plataformas abertas.

martes, 23 de marzo de 2010

XACOBEO RAICES: EMILIO RUA E MERCEDES PEON EN VIGO


O pasado sábado 18 de Marzo o Teatro Caixanova de Vigo acolleu una doble actuación de dous sólidos valores da música galega. Estilos ben distintos pero soando con altura. Emilio Rúa e Mercedes Peón.
EMILIO RÚA.-
Para Emilio foi un día especial e así o fixo saber ao seu público;atopábase rodeado de boa parte da súa familia e amigos nun sitio tan sinalado como é o teatro Caixanova.
Pero ademais había outra razón para facer deste 18 de Marzo de 2010 un día para a lembranza:
Por fin o seu terceiro disco, “Interior”, sae á venda. Largos meses agardando poder ter nas mans o terceiro traballo discográfico deste ourensán, galego e músico ata a médula. Pero por riba de todo persoa sen complexos, humilde pero seguro de si mesmo, sensible pero contundente, complexo pero entendible.
O disco foi gravado no estudo “Casa de Tolos” e incorpora un total de 11 temas.
1)”Se ten de ser será”:
2) “Todo está por vir”, unha composición de Magín Blanco, veterano músico valdeorrés.
3)”A primeira vista”: gravado con Guadi Galego é unha versión dun tema de Chico
Cesar.






4)”Non sempre chove en Santiago”: tenta derrubar o tópico de que en Santiago chove seguido.
Colaboración de Toni Lomba.
5)”Cantiga da amiga” Letra de Manolo Rivas.
Deuse unha curiosa coincidencia con esta canción: Uxía plantexoulle a posibilidade de musicar un poema de Rivas nunha conversa telefónica. Tentou lerllo pero a cobertura era moi mala e Rúa non conseguiu entender os versos que o vento levou quén sabe onde. Emilio dixo que tamén tiña un de Rivas entre mans para o mesmo. Cando se viron para falar do tema resultou que era o mesmo. Casualidades da vida ou que hai persoas que emiten na mesma “lonxitude de onda”.
6)”Alguen que soña” é un retrato fidedigno da precariedade laboral e o seu reflexo na calidade de vida. Este tema ten un ritmo e unha sonoridade moi pegadiza.

7)Lela: coñecido poema de Castelao que Emilio musicou. É capaz de darlle distintos aires según lle pete(flamenco, bossa...). Un tema moi solicitado nos bises que lle permite lucir os variados rexistros da súa voz.

8)Interior: Emilio ven dunha aldea do sur de Ourense perto dos límites portugués e zamorano. Neste “Interior” nacen as composicións que teñen un grande apego ao territorio de procedencia. Pero tamén,neste tema, tenta retratar o seu interior persoal.

INTERPRETACION DE “INTERIOR”








9)Cine Buenos Aires(Verín-Ourense): un cine dos de antes, con “butacas desatornilladas” e “bolsas de palomitas caducadas”... Nada que ver cos cines “de centro comercial”. Unha sala que serviu para “o meu primeiro concerto con banda”. Con estas e outras pinceladas Emilio vai esbozando os recordos que a todos nos quedaron entre as paredes dos nosos vellos cines. Espazos nos que houbo palomitas pero tamén risas, choros, tremor, alegría...
10)100%: Composición de Uxía Senlle e Sérgio Tannus.
11)Coroza: Mais alusións á súa terra(o vento do norte, o río, a més, a choiva,...
TICKET PARA VIAXAR.-
Un tema quedou descolgado do traballo. Tícket para viaxar, gravado con Luis Tosar non puido incorporarse por problemas de dereitos. É unha versión do tema Tícket to ride dos Beatles. Tivemos a posibilidade de escoitar esta gravación e puidemos comprobar non só a faceta musical de Tosar, senón o ben que “empastan” as súas voces. Non poido ser desta vez.
Foi coproducido por Uxía Senlle e Sergio Tannus que dotaron a este disco de unha sonoridade que o diferencia dos anteriores de Emilio.
Facendo algo de historia.-
Alá polo ano 2000 Emilio gañou un festival en Verín que levaba como premio a gravación dun disco. Aquelo acabou dando no primeiro disco de Emilio. Chamouse coma él “Emilio Rúa”, e incluía un tema cantado con Uxía. Ahí comezou unha traxectoria baseada na certeza que tiña ela de que había un importante filón musical neste xoven músico que mamou a música dende ben neno. Este traballo foi editado por Cumio e na súa presentación Emilio percorreu as nosas cidades e tamén outras do estranxeiro coma Manchester.
Pero Emilio tiña moito material e un só C.D. era un contenedor ben cativo para tanta creatividade.
Da man de BOA nacería, en 2006 o seu 2º disco: Vida Miña.
Leva o título dun dos temas do disco. Unha peza que, interpretada por Emilio nos introduce nun universo sonoro moi peculiar que sobrevoa a relación co sufrimento e mesmo a morte.
Pero Rúa tamén fala do amor e da alegría. Unha alegría que vai intrinsecamente unida ao sufrimento. Si é así na vida debe reflectirse así na música.
Agora chega Interior. Agardemos que teña a acollida que merece
Crenzas.- Este tema vai no CD Cantigas do Camiño, escolma de algúns dos máis destacados referentes da música galega para conmemorar o Xacobeo 2010. Todas as cancións teñen como temática o asunto da peregrinación a Compostela.



MERCEDES PEON
Non vira en directo á Peón. E o seu espectáculo pareceume de calidade, creativo; por momentos unha sacudida nos tímpanos e tamén nas conciencias. Non evita os temas da actualidade: a língua, a discriminación da muller(fala das programacións coas que vimos ao mundo). Nos bises a xente pedíu, claro, “Mareas Vivas”. Probablemente Mercedes quería tocar algo máis actual. Non sei: “escollestes ben...””Non a saben(os músicos)...”.De xeito moi espontáneo foi dando instruccións ao acordeonista para que fixese adecuadamente os cambios.
A noite musical estaba a piques de concluir ao tempo que o facía o día,aló polas 12 da noite. Penséi en espectáculos coma estes xirando por escenarios de todo o mundo. E sentín orgullo de ser galego porque a nosa cultura nos representa e nos identifica. Espectáculos desta calidade ademáis nos prestixian. Embaixadores da cultura galega lles chamou Fernando Luaces, responsable de Boa Music.
Comentábame unha persoa que se dedica a organizar eventos musicais que, en países coma Francia,a xente pode pagar 25 euros por ver a un artista ou un grupo que non coñece; só para coñecelo. Xente que merca cultura coma pode mercar outro ben, para disfrutar del. Que mercan ese disfrute de hora e medida ou dúas horas anque non haxa pinchos. Buscando o mero pracer intelectual
Non debemos resignarnos a que so valoren o noso os de fora. Hai que conseguir que os nosos teñan un espazo aquí. Pero si os de fora empezan a coñecer Galicia por Emilio Rúa ou Mercedes Peón(entre outros moitos), o listón quedará moi alto. Sen dúbida.

domingo, 14 de marzo de 2010




A AP9 é considerada unha infraestrutura estratéxica para o desenrolo de Galicia. Nun país carente dunha estrutura ferroviaria minimamente competente a mobilidade en vehículo converteuse no catalizador dun progreso bastante evidente.
Pero a fórmula de que sexan os usuarios os que asuman o custe do uso ten provocado a disuasión de moitos deles que provocan dous efectos:
-o primeiro deles de efecto inmediato: a saturación da N 550
-outro non inmediato: a posta en marcha de proxectos, estudos informativos, etc de vías alternativas libres de peaxe.
O efecto de saturación da N550(ademais de outras vías) é doado de percibir. Calquera que circule por Padrón ou Ordes, por exemplo terá que padecer as caravanas interminábeis para cruzar as travesías que, nunca deberían soportar outro tráfico que non fose o puramente local.
Outras consecuencias de esta saturación coma a falla de seguridade vial, dilúense nun océano de cifras, en novas que xa moitas veces non ocupan lugares preferentes nos xornais ou telexornais...que non acadan a atención dos “tertulianos” que enchen os debates e “debatiños” nas radios e televisións. Peóns que son arrolados ao cruzar as estradas, sinistralidade en xeral... Só nos preocupa a incomodidade ou o tempo perdido.
O segundo efecto, o de máis longo prazo, ten unhas consecuencias que parecen non importar a ninguén. Ninguén parece estar preocupado por a desfeita medioambiental que isto vai provocar. Pasaron máis de 30 anos do documental “Autopista, unha navallada á nosa terra”. Nel dáselle voz á xente que sufriu tódolos males pero ningún beneficio desta infraestrutura.
Unha autovía, unha autoestrada e unha estrada nacional.-
A importancia outorgada ao dano medioambiental segue igual de minguada. O progreso “vía cemento”(e variantes) ten vía libre para rematar cun patrimonio tan importante coma, por exemplo, os acuíferos que a non tardar moito imos botar en falla. Os danos sociais de parroquias divididas, camiños truncados engádense á desfeita.
Son moi poucas as voces que falan de que é necesario replantexar a estratexia, pararnos a pensar e coller un camiño algo máis acaído. En tódolos foros a cuestión é si Fomento cumpre cos compromisos económicos ou non cumpre. Ninguén(alo menos que se escoite) pon en cuestión a estratexia de ordenación do terrritorio. Hai que executar e punto.
¿Por qué non se opta por asumir o custe de liberar a peaxe?
Non atopo explicación. A opción elixida vai supor unha perda medioambiental fora de toda dúbida. Pero ademáis suporá moitos mais custes económicos. Ninguén dubida que precisamos mellorar a mobilidade pero non deberíamos repetir erros do pasado; máis aínda se se trata de erros de vulto.
O patrimonio medioambiental tamén é patrimonio económico.-
É ben sabido que o coidado da natureza proporciona melloras na economía. Son moitas as posibilidades que se lle abren a un territorio saneado e razoablemente ordeado.
Neste inverno temos asistido ao longo de toda a xeografía mundial a unha evidencia abraiante: a falta de ordenación do territorio multiplica os efectos dunha climatoloxía algo excepcional anque non catastrófica. Madeira, Andalucía, Canarias, etc.
Evidentemente temos de considerar os custes deste dano para considerar a rendibilidade das infraestruturas. Esas estradas que en moitos casos ocuparon espazos que lle pertencían a un cauce teñen que anotar no seu debe o pago de todas estas indemnizacións aos afectados.
Precisamos avanzar con paso lixeiro nas infraestruturas pero reflexionando ben todas as consecuencias. Se os nosos políticos non o fan probablemente será porque os despachos oficiais non se asolagan. Pero tamén pode ser porque non llo requirimos nos, os que si estamos expostos ás consecuencias moi directamente. Deixemos claro que queremos progreso pero non a calquera prezo. Ou cando menos que nos digan o prezo completo. Incluída a letra pequena.

martes, 9 de marzo de 2010


É de agradecer que o noso conselleiro de Economía puxese tanta "creatividade" na labor da defensa da igualdade entre o home e a muller. Mágoa que eu non lle collín o "sentido". Sempre me pasa igual...

sábado, 6 de febrero de 2010

FUSION DE CAIXAS E BANCA ÚTIL


Moito balbordo ten producido a fusión das caixas galegas. Que se fusión sí, que se fusión non... Para poder elaborar unha opinión coido que faltan datos. Pero claro, son datos que nunca se van poñer enriba da mesa, porque se consideran información estratéxica para evitar pánico dos depositantes. Algo semellante ao dos fondos reservados. Se se soubese en que gasta o Ministerio do Interior eses fondos estariamos dando información aos malfeitores e iso comprometería a seguridade do país.
Claro que, si a información das nosas caixas fose favorábel non habería problema en facela pública.

Xa que logo, temos dúas caixas das que descoñecemos o balanzo real(ese que fale dos activos tóxicos ligados ao ladrillo) e unha hipotética caixa resultante que, dependendo do grado de “intoxicación” de cada unha das súas partes, terá un balanzo máis ou menos “intoxicado”.
Perdamos toda a esperanza de que nos poñan os datos enriba da mesa. Non o farán. A auditoría comprada dixo o que o cliente quixo que dixera.

Pero, ¿por qué deixar que todo este asunto se simplifique como un enfrontamento partidista, un tirapuxa non exento de morbo por ver de parceiros a BNG e PP?

¿Porque non levar o debate por onde debería ir para nos, “os de a pé”?

¿POR QUÉ TER UNHA CAIXA DO SUR E OUTRA DO NORTE?
Pois, se cadra para que, mediante a especialización, poidan atender ás necesidades de financiación de cada zona. Quén mellor que alguén próximo pode financiar unha actividade como o naval, o sector leiteiro,o pesqueiro ou o agrícola. Esa correa de transmisión penso que sería desexábel para Galicia.

E certo que a dicotomía norte/sur pode resultar algo trasnoitada. A especialización das dúas entidades pode ser transversal no senso territorial. Non toda a actividade pesqueira está no sur, nin toda a actividade gandeira está no norte, por poñer dous exemplos representativos do noso tecido produtivo. Pero esa é outra análise.
Sempre me chamou a atención a historia do Grameen Bank(banco dos probes); fai pensar moito no que a financiación representa no desenrolo socioeconómico. Un banqueiro dos probes que ten éxito contra todo prognóstico. Os probes, para algúns non podían ser honrados. Pero Muhammad Yunus demostroulles que non era certo. Conseguíu unha porcentaxe de devolución dos empréstitos moi alta. E non foi só unha cuestión de “razón para ti ou razón para min”: a súa obra contribuíu ao desenrolo, primeiro do seu país e despois doutros aos que se exportou a idea. Un exemplo de “banca útil”.¿Veremos algo así nós algún día?.
Moito se ten falado do papel dos bancos nesta crise; entidades que piden axuda e negan que a eles lles corresponde prestar no desenvolvemento da economía do país. Dar financiación a “delirios inmobiliarios” e negarlla a emprendedores con proxecto serio di moi pouco a favor dun sector, insisto, estratéxico.
Do que saia de todo isto depende que se corrixan estas graves anomalías.


-AS CAIXAS, ¿TEÑEN QUE ATENDER OS MESMOS CRITERIOS DE RENDIBILIDADE QUE OS BANCOS?
Non dubido que os bancos viven de prestar pero para elo teñen que captar fondos. E para captar fondos hai que dar idea de solvencia. Claro. Pero non nos vendan bancarización como sinónimo de solvencia. Os bancos teñen dereito a investir os beneficios no que lles pete. Pero necesitamos caixas que, anque sen balances estilo Santander, sexan solventes sen deixar de ser útiles. Os criterios de rendibilidade e solvencia das caixas poden agachar estratexias doutro tipo como ten anunciado nos seus editoriais Xornal de Galicia.
En conclusión, se cadra a idea do Grameen Bank é unha utopía(Galicia non é Bangladesh). E se cadra non. O que sí é certo é que estamos a falar de algo máis que de entidades e de números, de "a ver se gañan estes ou aqueles"; estamos a botar os alicerces para construir o edificio do noso desenrolo. Se somos conscientes de que o futuro require de bases sólidas os nosos emprendedores atoparán onde asentar proxectos que contribuirán a crear ese tecido que tanto precisamos.

martes, 2 de febrero de 2010

UN SITIO PARA COMER EN NOIA



Quero recomendar un restaurante que veño frecuentando dende hai uns anos cando ando por Noia: Restaurante Hospedería Valadares.Non é un lugar ostentoso nin ten unha carta interminábel. Pero é moi acolledor(ten moita luz, mobiliario de madeira con certo encanto) e a comida podería calificarse de caseira.






Hoxe por exemplo comemos



Grelos con allada(exquisitos) e Mexillóns(moi fresquiños) ao vapor de primeiro; carne asada(eu diría... "comida de festa") e polo asado de segundo.





De postre recomendamos flan de queixo, feito na casa.



Teñen hospedería e polo que semella na páxina web todo muy correcto. E co trato tan esmerado seguro que resulta un sitio ben acaído para percorrer a zona.



domingo, 31 de enero de 2010

PRESENTACION DA CURTA "COSER E CANTAR" EN PONTEVEDRA

É sábado 30 de Xaneiro i en Pontevedra vai frío. No teatro principal faise a presentación da curta Coser e Cantar do ourensán Rubén Riós.


Rubén deuse a coñecer na serie Libro de Familia da TVG e pronto novos proxectos virían a demostrar que non é un conformista:ademáis de participar en programas e series roda a súa primeira curta, Adeus Edrada, representa o papel protagonista en Pradolongo.


Os cómicos San e San presentan a Gala o cal é garantía de pasar un rato divertido. Dominan a ironía e teñen unha capacidade de improvisación que semella non rematar nunca.



Emilio Rúa tamén interpreta un tema que fala dos vellos cines,concretamente refírese ao Cine Buenos Aires en Verín. Unha sala chea de recordos para moitas persoas da comarca, tamén para Emilio.


Aínda non teño o vídeo da súa interpretación pero en canto poida aquí o teredes. Prometido.


O Emilio Rúa está a punto de parir o seu terceiro disco. A súa carreira vai avanzando dende aquel primeiro disco homónimo.Alá polo ano 2000(o ano que choveu sen parar) Mr. Rúa embarcouse con Edicións do Cúmio nun primeiro traballo que non conseguía abranguer toda a creatividade deste sorprendente músico. Aínda non saíra o disco e o Emilio xa tiña moitísimos temas listos para ser editados.


O segundo disco,foi gravado con Boa e chamouse "Vida Miña".


O terceiro chamarase "Interior" e foi gravado con Nalgures. En canto apareza teredes cumprida información.
Voltamos ao asunto.

O Teatro completiño e comeza a gala.


Póñovos algunhas pinceladas gravadas co móvil así que pido desculpas pola calidade. O obxectivo é que teñades unha idea do que poidemos ver alí.


VIDEO 1.-


Arancha, e a protagonista da curta. Xa na cinta da conta dunha fermosa voz e na gala inclúese unha canción interpretada por ela.


Está acompañada por Emilio Rúa e por un estrano artiluxio que San e San "confunden" cunha pizza.




VIDEO 2.-


E agora a canción: Arancha ten unha bonita voz e de seguro que co paso do tempo pode conseguir un nivel. Deuse a coñecer en Cuatro no programa Tienes Talento coa súa interpretación de Xanadú. Alí demostrou que está decidida a ser alguén no mundo da música.


E de seguro que o vai conseguir!




VIDEO 3.-¿TAN POUCO SE GAÑA NO AUDIOVISUAL?


Moitas risas co asunto do que se gana de actor. Dí a Arancha no Making Off da curta que o Rubén non lle pagou un peso. Eles danlle a benvida ao clube:





VIDEO 4.- ENTROIDO E LINGUA: UNHA CURTA DOUS TEMAS


A curta ten un tema central que é a historia de Elena unha nena de familia rica que quere ser artista. A súa nai non lle deixa i ela arrastrará unha frustración que compensará en parte cun


agasallo que o entroido de Verín lle fai: ser a Raiña Do Entroido.


Hai outro tema que está presente en toda a cinta i é o tema linguístico. A verdade é que son "o demo" estes San e San: cando foi a presentación en Ourense fixeron unha presentación e agora engadiron unha parodia do trilingüismo, un tema de absoluta actualidade.


Ata acuñaron un termo moi orixinal: a lingua que ven a "solucionar" o conflicto lingüístico en Galicia ten un nome... ¡CASTINGLEGO!.


Pareceume moi orixinal, dende logo. Parte da curta que acabamos de ver agora dobrada por eles nese ficticio idioma que podería ser, propoñen, a solución a todolos problemas i enfrontamentos orixinados por mor da lingua. Grazas a estes xenios botamos unhas risas.


Sinto non poder poñer o vídeo pero si podedes non perdades a próxima gala. Esta é a introducción na que propoñen " a solución":




VIDEO 5.- O director a escena


Moi divertida esta posta en escena na que cambian as ríxidas posicións e fan preguntas que nada teñen que ver coa curta pero cunha gracia evidente.

Xulgade vos mesmos:




VIDEO 6.- AGRADECEMENTOS E FIN


Rubén é un rapaz agradecido e ten sempre verbas de agradecemento para os que o apoiaron.


O equipo sube ao escenario e chega a despedida.





En definitiva deséxolle a Rubén e o seu equipo moitos éxitos con esta e próximas curtas. E que pronto chegue a longametraxe.