domingo, 23 de octubre de 2011

OS LUMES FORESTAIS:MÁIS QUE DELINCUENCIA//INCENDIOS FORESTALES:MÁS QUE DELINCUENCIA.



En galego.


As choivas están aquí. Pecharán unha tempada tráxica no que a lumes se refire. Este ano en moitos sitios, coma ten pasado noutras ocasións, a auga provocará outro efecto perverso e destructor: a cinsa será arrastrada cara os cauces dos ríos.

Este problema(dos lumes) cronificouse dende hai anos e non se albisca un plan por parte da Administración que leve a pensar que, malia que teñamos que sofrer algúns anos de destrucción, hai luz ao final do túnel.

As informacións que a Consellería de Medio Rural vai emitindo falan sempre da efectividade á hora de apagar. Poden presumir ata do alto número de lumes que se producen i entón, póñense a medalla pola súa efectividade. E a outra cousa. E a CRTVG colabora. Os lumes son noticia secundaria. Hainos pero a efectividade fai que non haxa que preocuparse…

Pero este ano a sordina informativa non foi quen de acalar a traxedia medioambiental e mesmo humana na provincia de Ourense. Os intentos por acalar o acontecido foron inúteis. A dimensión excedera o previsto.

O sensato sería escoitar do conselleiro unha análise sosegada, mesmo unha proposta de acordo de todas as forzas do país, que fructificase nun plan acaído que vire o rumbo errado das políticas que afectan ao monte galego. Pois non. A estratexia elixida é xa vella:”botar balóns fora”.

O primeiro culpable, que por suposto vai quedar impune, e o tempo meteorolóxico. A seca é demasiado longa i extrema.

O segundo culpable: a delincuencia. Este ano a delincuencia,mesmo organizada en trama ou tramas, ten protagonismo. Na vaga de 2005 e 2006 ningún. E derivado desta causa ven unha derivación das competencias: isto é un problema de orde pública e polo tanto é competencia do ministerio do interior. Hala!

Así non vamos a ningures. Temos que facer primeiro un bó diagnóstico, no que de seguro que haberá que falar de delincuencia, de seguro que haberá que falar de cambio climático, de seguro que teremos que falar de todos os factores que afectan ao noso medio natural. Pero mal nos vai a ir se non falamos do que nòs, como actores principais, podemos facer por nós mesmos.

Deso falarei outro día.

En castellano.

Las lluvias están aquí. Cerrarán una temporada trágica en lo que a incendios se refiere.Este año, como tiene pasado en otras ocasiones, el agua provocará otro efecto perverso y destructor: la ceniza será arrastrada hacia los cauces de los ríos.

Este problema(de los incendios) se cronificó desde hace años y no se percibe un plan por parte de la Administración que lleve a pensar que, pese a que tengamos que sufrir algunos años de destrucción, hay luz al final del túnel.

Las informaciones que la Consellería de Medio Rural va emitiendo hablan siempre de la efectividad a la hora de apagar. Pueden presumir hasta del alto número de incendios que se producen y entonces, se ponen la medalla por su efectividad. Y a otra cosa. Y la CRTVG colabora. Los incendios son noticia secundaria. Hay incendios pero la efectividad hace que no haya que preocuparse...

Pero este año la sordina informativa no fue capaz de acallar la tragedia medioambiental y también humana en la provincia de Ourense. Los intentos por acallar lo sucedido fueron inútiles. La dimensión había excedido lo previsto.

Lo sensato sería escuchar del conselleiro un análisis sosegado, incluso una propuesta de acuerdo de todas las fuerzas del país, que fructificase en un plan adecuado que vire el rumbo errado de las políticas que afectan al monte gallego. Pues no. La estrategia elegida es ya vieja: "echar balones fuera".

El primer culpable, que por supuesto va a quedar impune, es el tiempo metereológico. La sequía es demasiado larga y extrema.

El segundo culpable: la delincuencia. Este año la delincuencia, incluso organizada en trama o tramas, tiene protagonismo. En la oleada de incendios de 2005 y 2006 ninguno. Y derivado de esta causa viene una derivación de las competencias: esto es un problema de orden público y por lo tanto es competencia del Ministerio del Interior. ¡Hala!

Así no vamos a ninguna parte. Tenemos que hacer primero un buen diagnóstico, en el que seguramente habrá que hablar de delincuencia, seguramente habrá que hablar de cambio climático, seguramente tendremos que hablar de todos los factores que afectan a nuestro medio natural. Pero mal nos va a ir si no hablamos de lo que nosotros, como actores principales, podemos hacer por nosotros mismos.

De eso hablaré otro día.



sábado, 15 de octubre de 2011

#15o: LEXITIMACIÓN NECESARIA PARA UN CAMBIO DE RUMBO.

Se de algo ten que servir o movemento #15o é para que os políticos situados en postos de responsabilidade se sintan respaldados para un cambio de rumbo,para que non se repita o vergoñento espectáculo de vernos abocados cara un precipicio que,todo indica, non podemos evitar.
Pero o #15o ten unha característica moi singular: é unha resposta global, a primeira resposta global a un problema esencialmente global. Eso faino diferente do 15M.Eso dalle máis sentido.
Só unha resposta global pode reclamar con posibilidade de éxito, que rematen os paraísos fiscais,que diminúa considerablemente o gasto militar,que se sancione aos países que non respeiten os dereitos humans i, en definitiva, que se poñan límites claros i exixibles ás grandes corporacións.

É previsible que se busque a desmobilización desta corrente social mundial mediante algunhas cesións que nos fagan voltar ao noso individualismo consumista e apático. Precisamente porque é previsible, debemos ter clara a vontade de que esto non pode ser un movemento para conseguir un par de leis ou uns cantos xestos; debe ser un cambio de actitude coma cidadáns.
Un cambio de mínimos.-
 Porque aqueles que sintan que as súas ideas políticas non están na esquerda deben atopar un sitio nesta importante cita. Máis alá de esquerdas ou dereitas,mesmo de nacionalismos centralistas ou separatistas, a crise afecta con moita dureza a unha porcentaxe escandalósamente alta da poboación. Independentemente do seu perfil ideolóxico.
Un pode creer

·         que a protección por desemprego merece ser revisada ou é un piar fundamental do estado de benestar tal e como está.
·         que a empresa pública é a orixe de todolos males ou ben a solución.
·         que os beneficios empresariais son o alimento do espíritu emprendedor ou o veleno do sistema económico.
·         que as subvencións orixinan vicios económicos ou que evitan males maiores e son necesarias.
·         que a universidade debe estar máis apegada á realidade económica ou debe ser un ente máis conceptual,un laboratorio de ideas ainda que moitas non se poidan materializar.
·         que a descentralización do estado é un luxo ou unha fórmula válida de xestión (a máis de xusta cos feitos diferenciais).
Todas estas dicotomías son parte dos debates que están sobre a mesa. Día a día
Pero non por iso deixará de pensar que
·         a sanidade ten que chegar a todos e as medidas teñen que camiñar de xeito inequívoco cara a súa protección e blindaxe.
·         a educación non é parte do problema senon parte da solución;polo tanto estudar é unha tarefa que se fai tamén en beneficio da sociedade e debe estar promocionado.
·         o 1% da cidadanía non pode impor ao 99% cómo ten que rexirse un estado, polo tanto os gobernos teñen que amosar e poñer en práctica a súa fortaleza para cos grandes poderes económicos.
·         o 1% da cidadanía non pode amasar fortunas e “suxerir” que o 99% ten que apretar o cinto.
  Estes mínimos deben ser acollidos por grandes capas da poboación para que as situacións límite que estamos a vivir sexan reconducidas cara a unha nova etapa que, obrigatoriamente vai requerir de máis participación da sociedade.
Os políticos,sexan do signo que sexan, teñen que poder ler con claridade como a sociedade marca o rumbo a seguir. Os programas para o 20N están xa perfilados. Pode que inclúan ou non as reivindicacións do movemento. Miremos con perspectiva; o percorrido vai ser longo. O 15O non é mais que o comezo.

domingo, 2 de octubre de 2011

PROPOSTAS PARA UNHA CAMPAÑA.A MICROECONOMÍA COMO VÍA DE SAÍDA.

Pasou a etapa dos grandes fastos,dos grandes despilfarros(pornográficos diríamos).Entramos en crise tanto global coma no propio estado. E, andando o tempo un chisquiño máis, entramos nunha campaña(anque sexa precampaña xa non hai diferencia) na que empezan a xurdir propostas. Os que levan a bandeira socialdemócrata tratan de conciliarse co seu credo,algo esquecido nesta última lexislatura. Os que din ser especialistas en coller o país en bancarrota e poñelo na senda do crecemento andan a amosar as súas propostas. E xa dende fai tempo falan do estratéxico da figura do autónomo e o pequeno empresario para saírmos adiante. De novo traigo unha reflexión que, para mín é xa unha teima. Se se recoñece que a pequena empresa é a pedra angular para estimular o país(cousa na que concordo) ofrecer deduccións de 3000€ non pode ser a solución aos problemas. As propostas terán que ir na liña de favorecer que eses emprededores atopen un terreo,a lo menos, que non sexa hostil. Si queremos favorecer o tecido económico temos que estar máis co pequeno comercio que coa grande superficie,co mariñeiro que coa gran piscifactoría,co pequeno labrego que coas grandes importadoras de alimentos, coa autoproducción enerxética que cos macroproxectos eólicos ou solares, coa restauración e posta en valor do patrimonio que cos grandes promotores inmobiliarios, e como non, con entidades bancarias próximas e comprometidas que con corporacións financieiras en busca(lóxica) de maximos beneficios… Os exemplos propostos non son os únicos casos pero amosan como os camiños van no sentido contrario,a lo menos, ao sentido común. Claro que xa se di que ese, é o menos común dos sentidos.

sábado, 1 de octubre de 2011

A DESFEITA URBANISTICA DE REDONDELA

Boa parte das pasadas vacacións paseina na pontevedresa vila de Redondela.
A coñecida coma Vila dos Viadutos está chea de historia e beleza que agardo poder contar aquí noutra ocasión.
Tamén está chea dos meus mellores recordos cando dende O Barco víñamos ¡¡tras dunha viaxe de 5 horas!!.
Aquí tiñamos familia moi querida.E unha ventá necesaria para expandir un espíritu algo encollido por unhas expectativas que o interior ourensan non satisfacía plenamente.
Inda lembro a emoción cando baixabamos dende o alto de Os Valos(entre Porriño e Redondela) e comezabamos a sentir a presencia do mar.
Non podo esquecer o tempo de praia en Cesantes,cando da man do meu pai, collíamos berberechos e os comíamos sen saír da auga.
Eu,daquela un cativo,non era consciente do cambio que a vila, da que era a miña nai, estaba a sofrer.
Xa fixeran o "escalextric" que conectaba o tráfico de Vigo con Pontevedra para evitar o sempre ateigado "funil". Claro que trasladou o problema a Santa Mariña e,de paso produciu un impacto visual que non consigo asimilar cada vez que paso por aquí.
Se cadra foi un dos primeiros pasos dun urbanismo desaforado que trouxo coma consecuencia que, hoxe por hoxe, se vaia desdibuxando a persoalidade da vila que, en tempos, foi Redondela.
Pero o que máis me doe é a desfeita co patrimonio arquitectónico. O casco vello posúe pezas verdadeiramente singulares pero que,sen criterio definido,foron devaluadas principalmente por dúas vías:
-ou ben se deixaron reformar coma o dono quixera ou ben
-se permitiu que se lle adosaran vivendas que devalúan un conxunto que podería estar hoxe,sen dúbida, á altura dos mellores.
Non se preservaron as singularidades agardando a financiación que lle devolva o seu esplendor perdido. Algo que vexo moitas veces en Portugal(o catalogado casco histórico de Oporto,por exemplo).
Non será doado endereitar o rumbo polas barbaridades cometidas pero é tempo de tomar decisións sobre o que queremos que sexa o lugar onde vivimos. Redondela debe atopar o seu propio vieiro que seguro que fica lonxe do “desarrollismo” que veu padecendo ata agora.