martes, 2 de agosto de 2011

DESAPARECIDO UN VECIÑO DE ROMARIZ-RIÓS DE 87 ANOS




Dende o pasado xoves pola noite descoñécese o paradoiro de Manuel Calvo Veiga. Manuel,máis coñecido como "Frasco", de 87 anos de idade era veciño de Romariz,unha aldea situada no concello ourensan de Riós. Saíu a pasear o xoves pola noite e xa non voltou. Algunha testemuña asegura habelo visto paseando cara a Mañoás,unha aldea veciña.


Manuel tiña principios de alzheimer polo que a primeira hipótese apuntaba á desorientación e unha perdida pola contorna.


Despois de varios días peinando a zona con voluntarios, vehículos todo terreo,motos,cabalos e cans a xente amosaba esta mañán a súa pouca esperanza de que Manuel poda aparecer polas inmediacións de Romariz. O que máis e o que menos apuntaba a versión de que alguén o montara nun coche. Por suposto eso complica a búsqueda de Manuel xa que amplía moito a área onde buscar.

Hoxe fíxose unha batida que se planteaba como última. Xa antes de comezar se pensaba que era imposible ter éxito pero había que intentalo unha vez máis.


Foi moi gratificante participar nesta acción que amosa o mellor do ser humano:a solidariedade.

Máis de 300 voluntarios participaron nesta procura por varias aldeas do concello.


A desgracia cébase con esta familia dende hai uns anos. O fillo de Manuel, que se fixera moi popular por ser agraciado cun grande premio da Lotería Primitiva, foi atopado morto despois de estar desaparecido tamén varios días.


Agora a situación é especialmente dura porque a desaparición non permite pechar feridas. Agardemos que algunha pista facilite a feliz resolución do caso.


Por eso precisamente é tan importante a colaboración cidadá.




Foto: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario