domingo, 21 de septiembre de 2014

O DEREITO A DECIDIR

O povo escocés dixo non. A consulta celebrouse con normalidade.
O líder nacionalista,Alex Salmond,presentou a demisión.

 
  Esta sucesión de acontecementos,impensabeis en España demostran que consultar á cidadanía é a solución sempre.
 En Cataluña non será tan doado o camiño,non será tan normal. A Generalitat presenta unha lei de consultas que o Goberno central recurre,máis ben bloquea á espera de que un tribunal político coma o Constitucional decida sobre a cuestión.
 
De todas as comparacións que teño escoitado penso que acerta a do divórcio:ninguén pode ser obrigado a permanecer casado pola forza,se lle negamos o divorcio a quen sexa, será cuestión de tempo que o consiga. Se os cataláns teñen claro que a independencia de España é o seu camiño rematarán sendo independentes. Facerlle-lo camiño máis complicado pode ser coma botarlle gasolina ao lume. Pode estimular no canto de disuadir.
A forza dunha ilusión non pode ser detida con tecnicismos legais. Non pode ser neutralizada por políticos en función de burócratas.
A independencia dos cataláns non pode depender da opinión dos murcianos ou os andaluces. Os pobos teñen dereito a decidir o seu futuro.
Os argumentos atemorizadores de que a UE non acollería a un Estado Catalán tampouco parecen funcionar como disuasorio.
Tamén se lles acusa aos nacionalistas de dividir á poboación. Coma se un resultado 50/50 fose culpa deles. Coma se uns comicios sen maiorías fosen culpa de algunha das posicións políticas. ¿Non será, máis ben, que os nosos políticos non teñen nin idea de como xestionar tal situación?
O tan traído e levado "choque de trenes" pode resultar "o tiro pola culata" para as posicións unionistas ou centralistas:poñer a resolución dun conflicto político nas mans das forzas do orde,con posible suspensión da autonomía ou situacións similares non pode senon muscular un sentimento nacionalista que, por mor do pragmatismo rampante, podería quedar máis ben desdibuxado.
 
 
A independencia chegará ou non. O dereito a decidir o futuro é irrenunciábel.


No hay comentarios:

Publicar un comentario