martes, 23 de marzo de 2010

XACOBEO RAICES: EMILIO RUA E MERCEDES PEON EN VIGO


O pasado sábado 18 de Marzo o Teatro Caixanova de Vigo acolleu una doble actuación de dous sólidos valores da música galega. Estilos ben distintos pero soando con altura. Emilio Rúa e Mercedes Peón.
EMILIO RÚA.-
Para Emilio foi un día especial e así o fixo saber ao seu público;atopábase rodeado de boa parte da súa familia e amigos nun sitio tan sinalado como é o teatro Caixanova.
Pero ademais había outra razón para facer deste 18 de Marzo de 2010 un día para a lembranza:
Por fin o seu terceiro disco, “Interior”, sae á venda. Largos meses agardando poder ter nas mans o terceiro traballo discográfico deste ourensán, galego e músico ata a médula. Pero por riba de todo persoa sen complexos, humilde pero seguro de si mesmo, sensible pero contundente, complexo pero entendible.
O disco foi gravado no estudo “Casa de Tolos” e incorpora un total de 11 temas.
1)”Se ten de ser será”:
2) “Todo está por vir”, unha composición de Magín Blanco, veterano músico valdeorrés.
3)”A primeira vista”: gravado con Guadi Galego é unha versión dun tema de Chico
Cesar.






4)”Non sempre chove en Santiago”: tenta derrubar o tópico de que en Santiago chove seguido.
Colaboración de Toni Lomba.
5)”Cantiga da amiga” Letra de Manolo Rivas.
Deuse unha curiosa coincidencia con esta canción: Uxía plantexoulle a posibilidade de musicar un poema de Rivas nunha conversa telefónica. Tentou lerllo pero a cobertura era moi mala e Rúa non conseguiu entender os versos que o vento levou quén sabe onde. Emilio dixo que tamén tiña un de Rivas entre mans para o mesmo. Cando se viron para falar do tema resultou que era o mesmo. Casualidades da vida ou que hai persoas que emiten na mesma “lonxitude de onda”.
6)”Alguen que soña” é un retrato fidedigno da precariedade laboral e o seu reflexo na calidade de vida. Este tema ten un ritmo e unha sonoridade moi pegadiza.

7)Lela: coñecido poema de Castelao que Emilio musicou. É capaz de darlle distintos aires según lle pete(flamenco, bossa...). Un tema moi solicitado nos bises que lle permite lucir os variados rexistros da súa voz.

8)Interior: Emilio ven dunha aldea do sur de Ourense perto dos límites portugués e zamorano. Neste “Interior” nacen as composicións que teñen un grande apego ao territorio de procedencia. Pero tamén,neste tema, tenta retratar o seu interior persoal.

INTERPRETACION DE “INTERIOR”








9)Cine Buenos Aires(Verín-Ourense): un cine dos de antes, con “butacas desatornilladas” e “bolsas de palomitas caducadas”... Nada que ver cos cines “de centro comercial”. Unha sala que serviu para “o meu primeiro concerto con banda”. Con estas e outras pinceladas Emilio vai esbozando os recordos que a todos nos quedaron entre as paredes dos nosos vellos cines. Espazos nos que houbo palomitas pero tamén risas, choros, tremor, alegría...
10)100%: Composición de Uxía Senlle e Sérgio Tannus.
11)Coroza: Mais alusións á súa terra(o vento do norte, o río, a més, a choiva,...
TICKET PARA VIAXAR.-
Un tema quedou descolgado do traballo. Tícket para viaxar, gravado con Luis Tosar non puido incorporarse por problemas de dereitos. É unha versión do tema Tícket to ride dos Beatles. Tivemos a posibilidade de escoitar esta gravación e puidemos comprobar non só a faceta musical de Tosar, senón o ben que “empastan” as súas voces. Non poido ser desta vez.
Foi coproducido por Uxía Senlle e Sergio Tannus que dotaron a este disco de unha sonoridade que o diferencia dos anteriores de Emilio.
Facendo algo de historia.-
Alá polo ano 2000 Emilio gañou un festival en Verín que levaba como premio a gravación dun disco. Aquelo acabou dando no primeiro disco de Emilio. Chamouse coma él “Emilio Rúa”, e incluía un tema cantado con Uxía. Ahí comezou unha traxectoria baseada na certeza que tiña ela de que había un importante filón musical neste xoven músico que mamou a música dende ben neno. Este traballo foi editado por Cumio e na súa presentación Emilio percorreu as nosas cidades e tamén outras do estranxeiro coma Manchester.
Pero Emilio tiña moito material e un só C.D. era un contenedor ben cativo para tanta creatividade.
Da man de BOA nacería, en 2006 o seu 2º disco: Vida Miña.
Leva o título dun dos temas do disco. Unha peza que, interpretada por Emilio nos introduce nun universo sonoro moi peculiar que sobrevoa a relación co sufrimento e mesmo a morte.
Pero Rúa tamén fala do amor e da alegría. Unha alegría que vai intrinsecamente unida ao sufrimento. Si é así na vida debe reflectirse así na música.
Agora chega Interior. Agardemos que teña a acollida que merece
Crenzas.- Este tema vai no CD Cantigas do Camiño, escolma de algúns dos máis destacados referentes da música galega para conmemorar o Xacobeo 2010. Todas as cancións teñen como temática o asunto da peregrinación a Compostela.



MERCEDES PEON
Non vira en directo á Peón. E o seu espectáculo pareceume de calidade, creativo; por momentos unha sacudida nos tímpanos e tamén nas conciencias. Non evita os temas da actualidade: a língua, a discriminación da muller(fala das programacións coas que vimos ao mundo). Nos bises a xente pedíu, claro, “Mareas Vivas”. Probablemente Mercedes quería tocar algo máis actual. Non sei: “escollestes ben...””Non a saben(os músicos)...”.De xeito moi espontáneo foi dando instruccións ao acordeonista para que fixese adecuadamente os cambios.
A noite musical estaba a piques de concluir ao tempo que o facía o día,aló polas 12 da noite. Penséi en espectáculos coma estes xirando por escenarios de todo o mundo. E sentín orgullo de ser galego porque a nosa cultura nos representa e nos identifica. Espectáculos desta calidade ademáis nos prestixian. Embaixadores da cultura galega lles chamou Fernando Luaces, responsable de Boa Music.
Comentábame unha persoa que se dedica a organizar eventos musicais que, en países coma Francia,a xente pode pagar 25 euros por ver a un artista ou un grupo que non coñece; só para coñecelo. Xente que merca cultura coma pode mercar outro ben, para disfrutar del. Que mercan ese disfrute de hora e medida ou dúas horas anque non haxa pinchos. Buscando o mero pracer intelectual
Non debemos resignarnos a que so valoren o noso os de fora. Hai que conseguir que os nosos teñan un espazo aquí. Pero si os de fora empezan a coñecer Galicia por Emilio Rúa ou Mercedes Peón(entre outros moitos), o listón quedará moi alto. Sen dúbida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario