domingo, 2 de octubre de 2011

PROPOSTAS PARA UNHA CAMPAÑA.A MICROECONOMÍA COMO VÍA DE SAÍDA.

Pasou a etapa dos grandes fastos,dos grandes despilfarros(pornográficos diríamos).Entramos en crise tanto global coma no propio estado. E, andando o tempo un chisquiño máis, entramos nunha campaña(anque sexa precampaña xa non hai diferencia) na que empezan a xurdir propostas. Os que levan a bandeira socialdemócrata tratan de conciliarse co seu credo,algo esquecido nesta última lexislatura. Os que din ser especialistas en coller o país en bancarrota e poñelo na senda do crecemento andan a amosar as súas propostas. E xa dende fai tempo falan do estratéxico da figura do autónomo e o pequeno empresario para saírmos adiante. De novo traigo unha reflexión que, para mín é xa unha teima. Se se recoñece que a pequena empresa é a pedra angular para estimular o país(cousa na que concordo) ofrecer deduccións de 3000€ non pode ser a solución aos problemas. As propostas terán que ir na liña de favorecer que eses emprededores atopen un terreo,a lo menos, que non sexa hostil. Si queremos favorecer o tecido económico temos que estar máis co pequeno comercio que coa grande superficie,co mariñeiro que coa gran piscifactoría,co pequeno labrego que coas grandes importadoras de alimentos, coa autoproducción enerxética que cos macroproxectos eólicos ou solares, coa restauración e posta en valor do patrimonio que cos grandes promotores inmobiliarios, e como non, con entidades bancarias próximas e comprometidas que con corporacións financieiras en busca(lóxica) de maximos beneficios… Os exemplos propostos non son os únicos casos pero amosan como os camiños van no sentido contrario,a lo menos, ao sentido común. Claro que xa se di que ese, é o menos común dos sentidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario