sábado, 15 de octubre de 2011

#15o: LEXITIMACIÓN NECESARIA PARA UN CAMBIO DE RUMBO.

Se de algo ten que servir o movemento #15o é para que os políticos situados en postos de responsabilidade se sintan respaldados para un cambio de rumbo,para que non se repita o vergoñento espectáculo de vernos abocados cara un precipicio que,todo indica, non podemos evitar.
Pero o #15o ten unha característica moi singular: é unha resposta global, a primeira resposta global a un problema esencialmente global. Eso faino diferente do 15M.Eso dalle máis sentido.
Só unha resposta global pode reclamar con posibilidade de éxito, que rematen os paraísos fiscais,que diminúa considerablemente o gasto militar,que se sancione aos países que non respeiten os dereitos humans i, en definitiva, que se poñan límites claros i exixibles ás grandes corporacións.

É previsible que se busque a desmobilización desta corrente social mundial mediante algunhas cesións que nos fagan voltar ao noso individualismo consumista e apático. Precisamente porque é previsible, debemos ter clara a vontade de que esto non pode ser un movemento para conseguir un par de leis ou uns cantos xestos; debe ser un cambio de actitude coma cidadáns.
Un cambio de mínimos.-
 Porque aqueles que sintan que as súas ideas políticas non están na esquerda deben atopar un sitio nesta importante cita. Máis alá de esquerdas ou dereitas,mesmo de nacionalismos centralistas ou separatistas, a crise afecta con moita dureza a unha porcentaxe escandalósamente alta da poboación. Independentemente do seu perfil ideolóxico.
Un pode creer

·         que a protección por desemprego merece ser revisada ou é un piar fundamental do estado de benestar tal e como está.
·         que a empresa pública é a orixe de todolos males ou ben a solución.
·         que os beneficios empresariais son o alimento do espíritu emprendedor ou o veleno do sistema económico.
·         que as subvencións orixinan vicios económicos ou que evitan males maiores e son necesarias.
·         que a universidade debe estar máis apegada á realidade económica ou debe ser un ente máis conceptual,un laboratorio de ideas ainda que moitas non se poidan materializar.
·         que a descentralización do estado é un luxo ou unha fórmula válida de xestión (a máis de xusta cos feitos diferenciais).
Todas estas dicotomías son parte dos debates que están sobre a mesa. Día a día
Pero non por iso deixará de pensar que
·         a sanidade ten que chegar a todos e as medidas teñen que camiñar de xeito inequívoco cara a súa protección e blindaxe.
·         a educación non é parte do problema senon parte da solución;polo tanto estudar é unha tarefa que se fai tamén en beneficio da sociedade e debe estar promocionado.
·         o 1% da cidadanía non pode impor ao 99% cómo ten que rexirse un estado, polo tanto os gobernos teñen que amosar e poñer en práctica a súa fortaleza para cos grandes poderes económicos.
·         o 1% da cidadanía non pode amasar fortunas e “suxerir” que o 99% ten que apretar o cinto.
  Estes mínimos deben ser acollidos por grandes capas da poboación para que as situacións límite que estamos a vivir sexan reconducidas cara a unha nova etapa que, obrigatoriamente vai requerir de máis participación da sociedade.
Os políticos,sexan do signo que sexan, teñen que poder ler con claridade como a sociedade marca o rumbo a seguir. Os programas para o 20N están xa perfilados. Pode que inclúan ou non as reivindicacións do movemento. Miremos con perspectiva; o percorrido vai ser longo. O 15O non é mais que o comezo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario